Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora
internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona
a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para
os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que
deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios
de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de
animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións
puntuais.
A
responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018 correspondeulle a
Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula
a súa mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".
"...Un libro infantil
representa o respecto pola grandeza do máis pequeno. Representa un mundo que se
crea de novo unha e outra vez, unha seriedade lúdica e preciosa sen a que todo,
incluída a literatura infantil, é simplemente un traballo moi pesado e baleiro..."
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do
ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país
báltico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario