Para
celebrar o Día Mundial do Libro , o 23 de Abril, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo do escritor Pedro Feijoo.
"Os
libros son para valentes"
"... eu tamén sei que para cada un de nós hai un
libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae
adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás
cereizas..."
O "Día mundial do libro e dos dereitos de autor" , desde a súa declaración pola UNESCO en 1995, aglutina moitas vontades, como a da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova quen, na súa mensaxe para este ano 2016 afirma:
«Non hai nada como un libro. Un libro é un vínculo entre o
pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza
para crear e compartir a sabiduría e o coñecemento.»
No hay comentarios:
Publicar un comentario