Un curso máis celebramos o Día do Libro coa actividade
Libros ao patio e apadriñamentos lectores.
Todas e
todos estabamos agardando por este día con moita ilusión.
Os
padriños e madriñas (alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º) foron ás aulas dos seus
afillados e afilladas (infantil, 1º e 2º) e collidos da man saímos ao patio buscando un
recuncho especial para compartir esas lecturas que con tanto cariño prepararon.
Unha
música moi suave acompañou a contada de historias.
Cando
rematamos, voltamos á clase dos nosos afillados/as onde nos agasallaron cun
marcapáxinas.
Grazas por facer deste día unha fermosa festa da
lectura na que todas e todos disfrutamos!!!!
Un resumo
do que foi a xornada
No hay comentarios:
Publicar un comentario