As
propostas sobre as que estamos traballando para conmemorar o Día de Rosalía son:
Exposición
de libros na biblioteca
Recitado do poema "Adios ríos, adios fontes" na
Hora de ler o día 24 por parte do alumnado axudante de biblioteca e o club de
lectura.
Entrega dun folleto informativo para as familias sobre a súa vida e obra
Seguindo a
proposta da Asociación de escritoras e escritores
en lingua galega AELG,
escribimos e decoramos unha postal cun verso e un debuxo alusivo a Rosalía que o
alumnado entregará a súa familia como agasallo o día 24.
Ese mesmo
día, os alumn@s que fagan empréstito de libros en galego serán agasallados
cun marcapáxinas.
Mural cos retratos de Rosalía ao estilo Andy Warhol feitos polos nenos e nenas de educación infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario