Como xa é costume no Seis, na semana de Entroido, organizamos un Obradoiro de Cociña con productos típicos destas datas.
Nesta ocasión foi o lacón obxecto de degustación.
Coral, Viri e Mª Luz foron as mestras e cociñeiras que prepararon esta
receita:
Tosta de lacón ao aroma de pemento emulsionado en aceite de oliva, é
dicir,....tosta de lacón á feira.
Contaron coa colaboración de dúas alumnas e un alumno de sexto que foron os
encargad@s de explicar os ingredientes e o proceso de elaboración aos distintos
grupos que foron pasando polo vestíbulo do cole.
Cada clase levou a súa bandexa
para a aula e alí degustaron as tostas.
Moitas grazas!!! Estaban boísimassss!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario