A través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,
participamos en varios OBRADOIROS
CONTOS DO MEDIO
Este obradoiro foi desenrolado por Faia-Educación Ambiental e dirixido ao alumnado de terceiro.
Esta
actividade consistiu nunha charla sobre diversos aspectos relacionados coa fauna e flora propia da nosa
contorna, amosando material real e propoñendo ao alumnado a participación e
manipulación dos elementos expostos como unha colmea, herbas aromáticas, niños
de diferentes especies de paxaros ou produtos xenerados polas abellas (xalea
real, mel, propolis…).
Finalizou a actividade cunha historia ilustrada,"Historia
dunha abella", que encandilou aos rapaces
sensibilizándoos co noso medio.
OS MAIOS
Impartido por un membro da Asociación
Veciñal Casco Vello e dirixido ao alumnado de Terceiro.
Primeiro explicaron na aula as
orixes da festa,dos cantares,dos persoaxes,..
A continuación viron un vídeo e logo no pavillón fixeron a danza.
A continuación viron un vídeo e logo no pavillón fixeron a danza.
Pasámolo moi ben!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario