O luns
recibimos na Biblioteca a visita dos
alumnos/as de 4º da ESO do IES Valadares para ensinar ao alumnado de 1º e 5º de
Primaria os proxectos que fixeron nos últimos anos na asignatura de Tecnoloxía e que deseñaron e construiron no taller do instituto.
Traballos de tecnoloxía nos que amosaron diferentes tipos de poleas,engranaxes,robots,xoguetes solares,foguetes de auga,..
Traballos de tecnoloxía nos que amosaron diferentes tipos de poleas,engranaxes,robots,xoguetes solares,foguetes de auga,..
Dividiron
aos rapaces en grupos de catro ou cinco,e cada grupo ía rotando polos distintos postos nos que estaban
os monitores/as e alí explicábanlles os traballos,o seu funcionamento máis o seu
manexo.
Comenzaron
polos máis pequenos,que se interesaron moito polos proxectos.Facíalles moita
ilusión e prestaron moita atención e os
maiores fixeron preguntas moi interesantes e estiveron moi atent@s.
Preguntas
como que é un cegoñal,como se programa un robot,que é un sensor,cales son os
principais mecanismos ou como funciona unha placa fotovoltaica foron explicadas
con moito detalle polos monitores coa axuda das súas profes.
Os máis
pequen@s coma os maiores quedaron
abraiados cos robots,con sensores,cos xoguetes eléctricos e mecánicos e,sobre
todo,co lanzamento dos foguetes de auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario