O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é un personaxe que vivía nas altas montañas
das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e
vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver
se comeran ben durante todo o ano,decíndolles "Así,así esteas todo o
ano", achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
O Apalpador, de
profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do
Caurel e outras
serras orientais da Galiza e
caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe
esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os
porcos bravos que caza no monte.
Recuperar o Apalpador é un acto de
reivindicación das nosas
tradicións e dun consumo
solidario e responsable.
O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s
lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda
a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos,
el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador
gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais
naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio
ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita
enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.
Máis información na páxina web do Apalpador
Pasade pola biblioteca e poderedes ler os libros que temos do Apalpador
Máis recursos sobre o Apalpador
Biblioteca Víctor Sáenz
|
|
COORDINADORA DO
ENDL DO BARBANZA
|
|
CEIP "OUTEIRO DAS PENAS"
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario