29 nov 2013

FEIRA DO OUTONO

Este ano  celebramos unha Feira do Outono cunha gran variedade de productos e actividades feitas polo alumnado.
Cada curso tivo o seu posto para "vender"os seus productos (traballos).
O alumnado de Educación Especial elaborou unha cesta espectacular,con uvas,cogumelos,cabazas,follas, landras, etc.. en papel de cores.
Os máis pequenos de Infantil, aportaron castañas, ourizos, landras, avelás, piñas, mazorcas de millo,noces,....Elaboraron debuxos coas mans simulando árbores marróns,figuras con follas,bonecas con cabezas de castañas.Ademais elaboraron galletas que parecen follas coas cores do outono e marmelada de mazá en dous obradoiros de cociña.Estaba boísima!!!
Os de Primeiro, co título Outonadas,puxeron un posto interactivo, no que se podía xogar ao tres en raia con noces, avelás e castañas ou facer composicións con follas de gingko.Tamén fixeron poemas sobre o outono con grande imaxinación.As follas de gingko servíronlles para facer de corpo a bonecas que bailaban a ópera do lago dos cisnes e quebranoces.Os debuxos das árbores e deles xogando cos xogos populares eran dunha grande creatividade.
O alumnado de Segundo decantouse por facer imáns de mazás,cabazas e cogumelos.Tamén fixeron cabazas de todos os tamaños con tiras de cartolinas laranxas.
A contribución dos de Terceiro consistiu en facer composicións plásticas ao que lle chamaron Cores de outono,con distintos materiais.Escribiron contos e poemas.
O obradoiro de froitas e receitas de cociña foi responsabilidade dos de Cuarto.Os animais ou obxectos feitos coas froitas : plátano-can, pitiño-limón, raposo-pera, bicicletas-laranxas,..e tamén trouxeron froitas, polas e follas para o seu recoñecemento e vocabulario.Pintaron bodegóns con distintas técnicas plásticas.

A arte impresionista foi empregada polo alumnado de Quinto,estando moi logrados os seus cadros coas diversas tonalidades outonais.Investigaron os distintos tipos de follas facendo cadernos,escribiron e decoraron poemas outonais  e tamén estudaron o castiñeiro.Aprenderon un montón!!!
Os de Sexto centráronse na vendima,e ata trouxeron cepas, máquina sulfatadora, canistrelos, capazos e sacos de uvas.
Presentación en imaxes

No hay comentarios:

Publicar un comentario