13 feb 2013

ENTROIDO 2013 NO "SEIS"


O ENTROIDO deste curso estivo centrado no tema da AUGA :
 Nubes, pingas, esquimais, tormentas, botellas de auga, esquiadores, paraugas e folerpas, un espectaculo de colorido no que  non faltaron os Lemas e a Pancarta
 "Por unha escola pública de tod@s e para tod@s"
que encabezou o noso desfile polo barrio.

Educación especial
"Folerpas"

 
Educación Infantil
"Nubes"

Primeiro
"Pingas de auga"

Segundo
"Esquimais"

Terceiro
"Tormenta"

Cuarto
"Botellas de auga"

Quinto
"Esquiadores"

Sexto
"Paraugas"

 
Primeiro Desfilamos no interior do pavillón e posteriormente o Pasarrúas polo barrio con música.
 
De regreso ao cole,lectura das Coplas ao Meco e indulto; xa que o Meco do Seis é defensor  da Escola Pública.


  Un ano e un pan
que logo se van
e os nosos recortes
presentes están.
 
Nadal sen extra,
agasallos non hai
e Wert coa Lomce
pisándonos vai.
 
Volvemos para atrás
corenta anos vista:
en educación somos
pra Europa unha risa.
 
Aquí está o Meco
do Seis do Nadal
defensor a ultranza
da escola universal.
 
Pensativo e amolado
invítanos a protestar,
Polas rúas tod@s xunt@s
debemos protestar.
 

Esquezamos diferenzas
de cor,raza e ideoloxía
defendamos a pública
con moita máis enerxía.
 
Este ano indultamos
ao noso Meco querido
danos forza para seguir
loitando a berro vivo.
 
Ao lonxe vense neboeiros
de tamaño descomunal
sobre veñen e sobres van,
recortando seguirán.
 
Non perdamos a esperanza
de recobrar o roubado
tod@s xunt@s loitaremos
polo ensino desexado.
 
Recibe esta ovación
de toda a comunidade.
Quédate con nós,amigo,
Por un ensino con dignidade.

E para rematar a festa,degustación de postres típicos deste época (orellas, filloas, flores,...) e BAILONGO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Grazas a tod@s e ás familias pola  constante colaboración!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario