O 24 de febreiro está
recollido oficialmente como "Día de Rosalía de Castro" pola Consellería de
Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Este ano ten unha especial
relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de "CANTARES GALLEGOS".
Tanto a Fundación Rosalía
como A Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega (AELG)organizan diversos actos e actividades para
celebrar esta data.
(Preme na imaxe)
A AELG anima a agasallar cun
libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
(Preme na imaxe )
Organízanse lecturas de poemas
de Rosalía a partir das sete da tarde nas distintas vilas e cidades
que poderá ir precedida ou acompañada da lectura dun manifesto que a propia
AELG difundirá.
En Vigo será no Museo Marco
ás 19:00 h
LECTURAS
Estas son as lecturas que
recomendamos e que están en exposición
na biblioteca.
LIMS
Ceip Alexandre Bóveda
Ceip Alexandre Bóveda
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario