20 mar 2012

A RECONQUISTA DE VIGO

    Continuamos traballando no proxecto documental do curso e agora investigamos sobre a RECONQUISTA.

     Acaba de ser nomeada “Festa de Interese Turístico Galego”,  recoñecendo o seu valor etnográfico e cultural.
    A  Festa da Reconquista rememora o alzamento popular que permitiu recuperar a cidade de Vigo da ocupación das tropas napoleónicas o 28 de Marzo de 1809.
    Este feito histórico, que os vigues@s conmemoramos coa Reconquista, deulle a  Vigo o título de Cidade, un paso máis no desenrolo histórico e social da  vila.
   Dende aquí escomenzou unha ofensiva en toda Galicia que acabaría coa retirada definitiva do exército de Napoleón.
    Durante a festa  realizanse varias actividades i  actos que este ano se organizan do 31 de marzo ao 1 de abril no Casco Vello .O  máis destacado é a representación teatral que retrata episodios da  batalla e  conmemora a  independencia. 
     Co obxectivo de achegar ao alumnado a un feito histórico concreto, a Reconquista,como un episodio importante da historia da nosa cidade,centrándonos nos lugares e personaxes máis relevantes e fomentando actitudes de curiosidade e un sentimento de pertenza á cidade.
     *Máis información na páxina da web Oficial
       E para os máis pequenos recomendamos:

Os bolechas :"A Reconquista de Vigo"
Pepe Carreiro (Edicións A Nosa Terra)

     Para ver o programa de actos:A páxina  da "Asociación Veciñal Casco Vello"


VIDEO  conmemorativo do bicentenario,
sendo protagonista Carolo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario