19 mar 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA:22 DE MARZO

         O "Día mundial da Auga 2012" é coordinado pola organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura(FAO).
        O tema de "A auga e a seguridade alimentaria" é unha prioridade na axencia deste ano con tres eventos internacionais: o Foro Mundial da auga,o Dia mundial da auga e  a Semana mundial da auga.Que abordan as relacións entre a auga e a producción de alimentos e a forma para alimentar  ás poboacións en crecemento dentro dos límites dos nosos recursos hídricos.
     7000 millóns é o número de persoas que hai que alimentar no planeta e as previsións din que haberá outros 2000 millóns para o ano 2050. 
       As estadísticas indican que todas as persoas beben de 2 a 4 litros de auga a diario,sin embargo,a maior parte da auga que bebemos está incorporada nos alimentos que consumimos:producir 1 kilo de carne de vacuno,por exemplo,consume 15.000 litros de auga,e 1 kilo de trigo bebe 1.500 litros.
    En todas as etapas da cadea de suministro,dende os productos ata @s consumidor@s,é posible tomar medidas para aforrar auga e asegurar que haxa alimentos para tod@s.
   Máis información na xina oficial(información,materiais para descargar,....)
VIDEOS



No hay comentarios:

Publicar un comentario