21 feb 2012

21 DE FEBREIRO:"DÍA DA LINGUA MATERNA"

     En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro "Día Internacional da Lingua Materna". O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situación máis difícil. 

     Os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural. Pola súa vez, a diversidade cultural enténdese como un activo para o desenvolvemento dos individuos e dos pobos. E inspirar a solidariedade baseada no entendemento,a tolerancia e o diálogo.

     Esta data internacional,que se conmemora todos os 21 de febreiro dende o ano 2000, centrouse cada ano nun aspecto determinado.Nesta ocasión o tema elixido para o 2012 é "Ensino  na lingua materna e o seu emprego na educación inclusiva".
                                (Preme na imaxe e accede á páxina web da UNESCO)

      A comunidade galega, leva tres anos sumándose a esta efeméride orientada a promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias co fin de fomentar o pluralismo lingüístico e, da súa man, a diversidade cultural da humanidade, aos que GALICIA contribúe coa súa lingua propia, o GALEGO.

(Preme na imaxe e accede á presentación)

No hay comentarios:

Publicar un comentario