26 feb 2012

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

          Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do "Salón do Libro Infantil e Xuvenil".

         Onde atoparedes actividades para todos os públicos e todas as idades; contacontos, teatro, música, obradoiros, monicreques, coloquios, presentacións de libros e moitas cousas máis.

      O tema deste ano é "12 + 1".
     O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
    O autor homenaxeado de 2012 é  o escritor  Paco Martín.Premio Nacional de Literatura Infantil en 1986 coa obra 'Das cousas' de Ramón Lamote, pero tamén é autor de relatos, escritos didácticos e divulgativos.
    Deixamos un enlace á web: http://www.salondolibro.org/


23 feb 2012

24 DE FEBREIRO:"DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

           175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE
 ROSALÍA DE CASTRO
  (1837-2012)

        Ademais das actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA  a  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.

      A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.

      Está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

En Vigo,será no Museo de Arte Contemporáneo MARCO ás 19:30 h.
ACTIVIDADES LIM
"Flores para Rosalía".
Lim feito pola Biblioteca "Caracola Tola" do
 Ceip Alexandre Bóveda.
LECTURAS RECOMENDADAS
Estas son as lecturas que recomendamos i que temos na biblioteca.
"PARECE UNHA ROSA"
Edicións Espiral Maior

"ROSALIA DE CASTRO PARA NENOS"
Ediciones de la Torre.

"ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES"
Baía edicións.

-"ROSALIA DE CASTRO".Poesía completa ilustrada
Volume I. La Flor-A mi madre.El Patito Editorial

"ROSALIA"
Fundación Rosalía de Castro


Escoitemos un poema de Rosalía na voz de Amancio Prada


P O E M A
Cantarche hei,Galicia
teus dulces cantares
que así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei,Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa,soave,
sentida,queixosa,
encanta se ríe
conmove si chora........

(Cantares Gallegos)


22 feb 2012

ENTROIDO 2012 NO "SEIS"

                     E por fin chegou o gran día.A pancarta
"ESCOITA AMIGO, O "SEIS" VAICHE DE VIGO"
centra a temática deste
ENTROIDO 2012.


                               *Educación Especial:
 Bañistas de principios de século do Real Club Naútico.

*Educación Infantil:
"O mar de Vigo"
Pulpos,barcos e algas na ría de Vigo.


*Primeiro:
Paseantes polo Lagares.

*Segundo:
A bandeira e o escudo da nosa cidade.

*Terceiro:
Hala Celta!!!!Celtistas,animador@s.

*Cuarto:
Mascaritas tradicionais.

*Quinto:

*Sexto:Roman@s .


-Primeiro fixemos un desfile interior no pavillón ambientado con música .
-Pasarrúas pola avenida de Castelao.
-De regreso,lectura do Testamento e queima do Meco.
-Despois dunha maña chea de desfiles,e pasarrúas non podia faltar a degustación dos doces típicos destas datas(filloas,orellas,flores,....)


-E para rematar BAILONGO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Grazas a tod@s e a colaboración das familias!!


21 feb 2012

21 DE FEBREIRO:"DÍA DA LINGUA MATERNA"

     En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro "Día Internacional da Lingua Materna". O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situación máis difícil. 

     Os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural. Pola súa vez, a diversidade cultural enténdese como un activo para o desenvolvemento dos individuos e dos pobos. E inspirar a solidariedade baseada no entendemento,a tolerancia e o diálogo.

     Esta data internacional,que se conmemora todos os 21 de febreiro dende o ano 2000, centrouse cada ano nun aspecto determinado.Nesta ocasión o tema elixido para o 2012 é "Ensino  na lingua materna e o seu emprego na educación inclusiva".
                                (Preme na imaxe e accede á páxina web da UNESCO)

      A comunidade galega, leva tres anos sumándose a esta efeméride orientada a promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias co fin de fomentar o pluralismo lingüístico e, da súa man, a diversidade cultural da humanidade, aos que GALICIA contribúe coa súa lingua propia, o GALEGO.

(Preme na imaxe e accede á presentación)

20 feb 2012

ACTIVIDADES SOBRE "OS MERDEIROS"

         Un pequeno resumo das actividades feitas en torno a esta figura do Entroido Vigués e co que montamos unha exposición.

*"Investigación  documental" sobre esta figura.

 
*As clases de 5º disfrazáronse de Merdeir@s, elaborando  as carautas,as perrucas,o chaleco,.......os distintos elementos da súa vestimenta.


*Os "Merdeir@s do Seis" na Prensa.

("Los Merdeiros cambiaron el Casco Vello por los jardines de Coia)

*Carautas  decoradas  polos  alumn@s  en colaboración coas familias.


19 feb 2012

OBRADOIRO DE COCIÑA

            PARA FESTEXAR O ENTROIDO,FIXEMOS UN OBRADOIRO NO QUE DEGUSTAMOS FILLOAS,UN DOCE TÍPICO DESTAS DATAS.
          AS MESTRAS DE   PURI,SIRA E Mª LUZ,FORON AS ENCARGADAS DE DAR ESTE OBRADOIRO.

1º.-EXPLICARON OS INGREDIENTES QUE NECESITAMOS.
2º.-O PROCESO DE ELABORACIÓN.


3º.-A DEGUSTACIÓN.


 ESTABAN BOÍSIMASSSSSS!!!!!!!!!!!


MOITAS GRAZAS!!!!!UN PEQUENO AGASALLO!!!!!!!

16 feb 2012

4º MANDADIÑO DO MECO

"SE DEPORTE NO "SEIS" QUERES FACER
 UN ZAPATO DE CADA MANEIRA
TES QUE TRAER" 


15 feb 2012

3º MANDADIÑO DO MECO

"EN VIGO HAI RECONQUISTA
CUN BO MANDIL XA ESTAS LIST@"


14 feb 2012

2º MANDADIÑO DO MECO

"MERGÚLLATE NO MAR
QUE O PESCOZO TES QUE ADORNAR"


13 feb 2012

1º MANDADIÑO DO MECO

" VIGO MARIÑEIRO
PARCHE NO OLLO E SOMBREIRO"
"


10 feb 2012

MANDADIÑOS DO MECO

OS  MANDADIÑOS  DO MECO
PARA TODA A SEMANA SON:
  • LUNS,13
 Vigo Mariñeiro
 Parche no ollo e sombreiro.
  • MARTES,14
Mergúllate no mar
Que o pescozo tes que adornar.
  • MÉRCORES,15
En Vigo hai Reconquista
Cun bo mandil xa estás list@.
  • XOVES,16
Se deporte no "Seis" queres facer
Un zapato de cada maneira tes que traer.
  • VENRES,17
Durme ben a noite antes
Que para o "Entroido do Seis"
Hai que ter moito aghuante.

Grazas  pola  vosa  colaboración!!!!!

9 feb 2012

OS MERDEIROS DE VIGO

        Continuamos co proxecto documental deste ano,así que nestas datas estamos investigando unha figura do entroido vigués.

O  M E R D E I R O 
         O merdeiro é un personaxe de caracter popular que remitiu nos anos 20 (a guerra civil rompeu o costume) do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura.  
    Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa.
      O seu obxectivo era incordiar á xente na época do entroido, restregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos.
       O motivo da creación desta figura foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos.
       A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, (persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para abonar as súas veigas), esaxerando os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol.
        Os Merdeiros acostumaban vagar de xeito improvisado polas rúas da cidade, en solitario ou en pequenos grupos carecentes de organización
       O Merdeiro é maleducado e un pouco violento. Corre, brinca e berra co ánimo de asustar a xente, e ademais vai armado dunha vara coa que intenta golpear á xente coa que tropeza.
     A súa existencia queda reflectida na prensa de finais do século XIX e comezos do XX, e tamén por estudosos do folklore coma Vicente Risco ou Xaquín Lorenzo
     Na actualidade, o Merdeiro é a única figura do entroido urbano que queda en Galicia.
     Rosa González do "Ceip O Pombal" fixo este LIM sobre o entroido en Vigo e sobre os merdeiros.

6 feb 2012

RECURSOS ENTROIDO

                Xa estamos no Entroido,época na que se poden romper as normas,cambiar de identidade,e ironizar a calquer personaxe.Pero tamén é tempo para  investigar orixes,costumes e tradicións do noso Entroido tradicional  galego.
          Nestas ligazóns atoparedes recursos e materiais diversos para traballar o tema na aula. 
  • Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización lingüística(unidades didácticas, vocabulario, xogos, actividades lim, receitas,......)
 
  • Web de Norberto(máscaras,disfraces,....)

3 feb 2012

PRESENTACIÓN DO VIDEOXOGO "VIAXE ÁS COVAS DO FOLÓN"

                      O 1 de febreiro asistimos no Verbum  á presentación do Videoxogo "Viaxe ás Covas do Folón" desenvolvido pola Concellería de Normalización Lingüística e creado polas empresas Desoños e Moonbite Games.

              "Viaxe ás covas do Folón" é un proxecto no que o Concello leva traballando moito tempo,dende o ano 2009.No ano 2010 foi presentado aos centros de ensino e realizouse un concurso para crear os personaxes do xogo,deseñados por alumn@s de 2º e 3º ciclo de Primaria.

              Catro alumnas de 6º de Primaria do noso cole,Antía,Carmen,Laura e Violeta,tiveron a oportunidade de xogar e explicar o funcionamento porque temos o xogo no noso centro dende decembro e o tema do proxecto documental deste curso é Vigo.



            O obxectivo deste proxecto é ofrecer unha ferramenta lúdica para que os alumnos do 3º ciclo de Primaria e de 1º da ESO,descubran a súa cidade a través da súa historia,do seu patrimonio e da súa lingua.

            Dinámica do xogo: o personaxe protagonista do xogo entra na máquina do tempo que atopa nas Covas do Folón,aí comenza unha viaxe a nove lugares da cidade en distintas épocas históricas.

            Os feitos históricos sucédense en orde cronolóxica:  Megalitismo,os Petroglifos,os  Castros, Romanización, Medievo, os Pazos, Reconquista, Modernismo e Actualidade.

           É un xogo en rede e o sitio web é: http://www.viaxeascovasdofolon.com/  i dará soporte a todo o proxecto.