29 may 2011

NOVIDADES

ESTAS SON AS NOVIDADES DA BIBLIOTECA EN MAIO





NOAH  BARLEYWATER  ESCAPA DA CASA

         Aos seus oito anos, Noah  pensa que é máis doado facerlles fronte aos seus problemas se non pensa neles.E por iso escapa da casa.Por un camiño inexplorado a través da fraga.Non tarda en chegar a unha tenda.Pero non se trata dunha tenda normal.E unha tenda de xoguetes cuns incribles bonecos cargados de maxia.
E dentro dela Noah encóntrase cun artesán ben raro;un home que ten unha historia que contar,chea de aventuras,prodixios e promesas rotas.
Ese home guiará a Noah nunha viaxe  que lle cambiará a vida.






LOS VERSOS DEL LIBRO TONTO

    “Los versos del libro tonto” é a gañadora do III Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos,

Acrósticos, palabras e letras bailarinas que se apropian do papel, poemas travesos que non teñen un pelo de parvos... ao contrario do que suxire o título.
      A obra de Beatriz Giménez é un conxunto de 25 composicións estruturadas nun principio, nun final e, entre ambos, tres partes adicadas aos “versos que fuxiron” por aire, por mar e por terra.
     Os primeiros tragounos un galo-veleta; os segundos atopounos a serea Flora; e os últimos recolleunos un escarabello peloteiro.




O PEIXE VERMELLO


O avó de Ramiro era o encargado dunha biblioteca moi antiga que había no medio do bosque. Un día, Ramiro acompañou o seu avó e levou consiGo o seu amigo, o peixe vermello. Era a primeira vez que o neno entraba na biblioteca e estaba abraiado por aquelas enormes salas cheas de libros. Mirou todos e cada un dos estantes e non deixou ningún curruncho sen explorar...

É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio dun bosque, calquera cousa pode acontecer
.




                            UN AVÓ ESPECIAL


O libro "Un avó especial" está baseada na obra teatral do mesmo nome que a compañía "Migallas teatro" creou no ano 2005 co asesoramento de AFAPO(asociación de familiares de Alzheimer  e outras demencias de Pontevedra)  dirixido aos nenos e nenas para que recorden a historia do avó Manuel e a súa neta Rosiña.

      Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos.O avó a coida,ensínalle ditos,cancións,xogos,...co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero,un día,o avó comeza a ter moitos despistes e,ademáis,cámbialle o caracter. Rosiña,coa axuda dos seus  pais,ten que facer frente a esta nova situación.



EL MAGO DE LOS FOGONES
"Comiditas" ,era un neno ao que non lle gustaba comer papillas,menos as papillas,metía de todo na boca,a cortina,a cola do gato,....

Que imos facer?-preguntábanse os pais preocupados temendo que Comiditas  quedara canixo.Ata que un día chegou a avoiña... 










PARA FACER O RETRATO DUN PAXARO
    Esta fermosa fábula sobre a arte e a cretividade une un dos poemas máis sutís de Prévert.

          Destaca a orixinalidade coa que nos amosa a transición do mundo en tres dimensións ao plano bidimensional.
         A medida do tempo, o valor da pacencia, o modo no que se reflicte a natureza son outros alicientes desta obra.

     No fondo, trátase dunha reflexión filosófica sobre o efémero: capturamos momentos e impresións de canto observamos e ansiamos, pero apenas podemos retelo durante un tempo; debemos desprendernos, pois, dese afán por reter o que non nos pertence, para que a nosa mirada estea aberta a novas sensacións no futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario