Este curso repetimos a experiencia dos cursos anteriores "Libros ao patio" e "Apadriñamentos lectores",coa que celebramos o día do libro.
A acollida da actividade foi excelente.
Cada neno/nena do 2º e 3º ciclo apadriñou a un/unha do primeiro ciclo,educación infantil e educación especial.Estas parellas ou tríos foron asignados polo equipo de biblioteca.Durante a semana anterior asesorámoslles como elexir e contar un conto aos pequenos.Animámolos a que enviasen pequenas mensaxes segredas aos seus/súas afillados/as, que o día do libro esperaban expectantes a ver quen os ía recoller para levalos ao patio.
O xoves 5 de maio ,o alumnado de 2º e 3º ciclo coa súa titora/titor foi á aula correspondente e alí foron presentados ás diferentes parellas ou tríos e fomos saindo ao patio de terra.Cando foi a hora de comenzar a ler,dende a radio comenzou unha música moi suave que nos acompañou nas nosas lecturas,escoitando atentamente as historias preparadas e logo agasallaron aos seus padriños/madriñas cun marcapáxinas co lema "Gústame ler".
No hay comentarios:
Publicar un comentario