Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.
A clase de 4ºA preparou un programa
adicado ao 8M, Día Internacional da Muller, no que explicarán a importancia
desta data.
Desfrutadeo!!!
Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.
A clase de 4ºA preparou un programa
adicado ao 8M, Día Internacional da Muller, no que explicarán a importancia
desta data.
Desfrutadeo!!!
O tema do Día Internacional da Muller do 8 de marzo é “Investir nas mulleres: acelerar o progreso”.
Nun mundo que se enfronta a múltiples
crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero e o
benestar da muller en todos os ámbitos é máis crucial que nunca si queremos
xerar economías prósperas e conseguir un planeta saudable.
Sen embargo enfrentámosnos a un desafío
clave: non existe financiación suficiente en materia de xénero e contamos cun
alarmante déficit anual de 360.000 millóns de dólares en medidas de igualdade
de xénero para 2030.
Estas
son as cinco áreas que requiren unha acción conxunta para non deixar ás
mulleres atrás:
-Investir nas mulleres, unha cuestión de
dereitos humáns.
-Acabar coa pobreza.
-Poñer en marcha un financiamento
transformador para a igualdade de xénero.
-Avanzar hacia o desenvolvemento sostible e unha sociedade do coidado.
-Apoiar os feminismos que impulsan o
cambio.
A Axenda 2030 marca como Obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares e actividades de encontro e empoderamento.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica.
Nas aulas de quinto, con motivo do 8M, estiveron traballando as figuras de actrices galegas que abriron camiño a outras mulleres no mundo do teatro e do cinema.
O alumnado tivo que realizar unha investigación sobre as vidas de Mercedes Mariño e María Casares para posteriormente crear as súas biografías, aproveitando así para traballar esa tipoloxía textual.
Posteriormente elexiuse unha desas
biografías e coa aplicación Chatterpix crearon un vídeo que narra a biografía
destas dúas grandes mulleres e das cales podedes desfrutar nos seguintes
vídeos:
MERCEDES MARIÑO
MARÍA CASARES
O martes 27 de Febreiro, a fantástica actriz, cantante e bailarina, ARIADNA SANTANA, asistiu ao noso cole para representar, por primeira vez na nosa historia, unha marabillosa obra de teatro en inglés: "Paquita en Londres" para os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Paquita,
unha estranxeira andaluza en Londres, vai a unha axencia de viaxes para solicitar un
tour arredor da cidade… De súpeto, todo cambia cando o guía turístico enferma
da barriga e lle pide a Paquita un grande favor: que ocupe o seu lugar na
axencia porque un grupo de turistas moi importante (nenos/nenas voluntarios/as que
saíron ao escenario para interactuar con ela) estaban a punto de chegar e el
non podería atendelos.
Paquita, moi preocupada, contestoulle que ela non coñecía Londres e que o seu inglés era moi malo pero por arte de maxia, ao vestir a chaqueta do guía turístico, empezou a falar cun acento británico envidiable e saiu a ensinarlles aos turistas os puntos de referencia más importantes desta preciosa cidade a través de cancións tradicionais a da música dos Beatles.
Disfrutamos enormemente desta función porque aprendimos moitas curiosidades
sobre Londres e bailamos e cantamos con Paquita. Ademáis, non puidemos parar de
rir!
Agardamos
poder disfrutar pronto doutra obra de
teatro en inglés porque foi una experiencia inolvidable!
No blog de inglés podedes ver a mensaxe que a clase de 4ºC lle adica á actriz e a resposta dela.
https://learningtheropeswithlou.blogspot.com/2024/02/paquita-and-4c.html
No mes de febreiro, as actividades que
se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático o Entroido, muller e
ciencia e a Rosalía.
Taboleiro
para Tale-Bot
Xogo de robótica con personaxes do
Entroido Tradicional Galego.
Investigo na miña biblioteca
Investigamos sobre un personaxe do
entroido vigués, O Merdeiro, e completamos a ficha empregando a tableta e os documentos
impresos.
Entroido
Galego
Seleccionamos e decoramos as máscaras do
Entroido Tradicional Galego.
Decoramos
un cartel coa figura de Rosalía de Castro
Xogo
de cartas
Xogo
de cartas sobre mulleres científicas.
Memory
Memory
para atopar parellas de científicas.
Xogo:
Quen é ela?
Facemos preguntas e tratamos de adiviñar
a científica elexida polo noso rival.
As clases de 2º de Primaria continúan traballando no proxecto documental de fotografía.
Despois de coñecer a Vivian Maier e a
Luis Ksado, achegámonos a outro fotógrafo que Olai Sendón nos presenta no seu
libro “A fotógrafa Perpetua”, porque as súas fotos ademais de contar historias explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás.
Aproveitando que o reto da biblioteca para este segundo trimestre é “Imaxina! Narrativas de Paz” e,
partindo da foto “Muerte de un miliciano” de Robert Capa, fixemos como Olaia, a
nosa propia reinterpretación empregando diferentes elementos.
Robert Capa é o pseudónimo que
empregaban dous fotógrafos, Endre Ernő Friedmann e Gerda Taro, para publicar as súas reportaxes fotográficas
sobre conflictos bélicos.
Agradecer ás familias a súa inestimable
colaboración e implicación por este ilusionante proxecto no que estamos
inmersas neste curso.
Neste mes de febreiro continuamos coas contadas en familia.
Grazas por compartir as lecturas e o voso tempo con nós!!!
Amada, nai de Antón, 2º de Primaria, contounos ”Max y los superhéroes”.
Cintia, nai de Erea, 4º Edº Infantil. As
dificultades que terá que pasar unha nena que quere ser pirata, “Daniela pirata”.
Irene, nai de Nerea, 2º de Primaria, “Fuera de aquí, horrible monstruo verde!”.
A tía de Dylan, 4º Edº Infantil
contounos como “O peixe Arcodavella” de ser admirado pasa a quedar só e triste.
Yaiza, nai de Sabela, 4º Edº Infantil.
Varios animais que viven no bosque colaboran na elaboración da cea, cando a
proban comproban que é “A mellor sopa do mundo”.
Ana e Paula, nais de Simón e
Guillermo, 4º Edº Infantil contaron xuntas a historia de "Cocorico" e nós, como o
protagonista, tamén comemos un biscoito.
O XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, desenvolverase do 1 ao 17 de marzo, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este ano celebra o seu 25 aniversario
cunha homenaxe aos centros de ensino que participan nesta andaina.
O tema deste ano é A MAXIA.
Ilustración, presentacións de libros, contacontos,
espectáculos, cociña, exposicións ou obradoiros de ilustración, entre outros,
compoñen a oferta de lecer e aprendizaxe arredor dos libros.
Na programación e na ambientación destaca a maxia
con fonda raíz galega: Fraga de Esmelle de Cunqueiro e toda unha variedade de actividades arredor
de magos, bruxos, xacias, sereas, mouras… con narradoras como Paula Carballeira
e Soledad Felloza.
O 8 de marzo, Día da Muller, haberá unha
programación especial que pon o acento na igualdade e nas contribucións das mulleres a través de obradoiros.
Todo o Programa aquí.
Máis información en
O 19 e 20 de febreiro, Arenaria Coordinación realizou, en diferentes sesións, charlas para todo o alumnado do centro co gallo da celebración do “Día da Muller e da Nena na ciencia”.
A tematica centrouse nas mulleres científicas ao longo da historia e os
seus descubrimentos, coñecemos as aportacións de Jane Goodall, Marie Curie, Angeles Alvariño e
Margarita Salas.
Foron varios e distintos os experimentos que realizaron en función das
idades ás que estaban dirixidos: comparación da pedra e o papel, o globo con
auga e como detectar se un producto é ácido ou unha base...
Foron dúas xornadas moi interesantes e amenas nas que aprendimos doutra maneira diferente!!!
Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.
A clase de 4ºB preparou un programa
adicado á Rosalía de Castro no que explicarán a importancia desta figura para a
nosa lingua e cultura.
Desfrutádeo!!!