Neste curso comezamos co
ciclo de Cine na Biblioteca, o último martes de cada mes na hora do recreo.
A primeira sesión de
cine foi no mes de novembro, para Infantil, 1º e 2º de Primaria, co episodio de
debuxos animados de “Érase unha vez... os inventores”, titulado Marie Curie.
Encadrámalo dentro do mes da ciencia e, así os máis pequenos/as, puideron
aprender sobre a vida desta gran descubridora, grazas a cal podemos hoxe facer
fotografías dos nosos ósos. Foi un grande estreo e prometeron volver noutra
ocasión.
A segunda sesión de Cine
foi en decembro, para o 3º e 4º de Primaria, e proxectamos unha adaptación en
debuxos do “Conto de Nadal” de Charles Dickens. As andainas deste rico
empresario entre o pasado, o presente e o futuro. Aproveitamos para meditar
nestas datas sobre o futuro que queremos e como debemos de actuar para
conseguilo.
Na sesión de xaneiro de
Cine, para 5º e 6º de Primaria, co gaio da entrega de premios do cine español,
proxectamos o corto gañador do Óscar á mellor curtametraxe de animación no
2013. Afondamos nun mundo futurista onde todo parece distinto pero as emocións
e os sentimentos seguen sendo os mesmos.
No mes de febreiro a
sesión de cine adicouse aos contos infantís levados á pantalla. Proxectamos
varios episodios da serie Caracois en homenaxe ao seu autor Armando Quintero
Laplume polo aniversario do seu falecemento en febreiro do 2022.
En marzo continuamos cos
contos levados ao cine. Nesta ocasión, trátase de “O Grúfalo” de Julia Donaldson y Axel Scheffler, para o 1º e 2º de
Primaria. A súa adaptación á pantalla grande foi nominada aos Oscars en 2011,
despois de que este libro fóra traducido a case 50 idiomas ao longo de todo o
mundo. Unha xoia que habita na nosa biblioteca desde fai anos e que cada curso
descobren novas xeracións de ollos inquedos cheos de imaxinación.