Coas postaisque fixo o alumnado.A temática era o deporte e podedes ver a imaxinación e a creatividade que tiveron.
O Belén celeste ,grazas a Siareiros
A árbore de Nadal decorada con pelotas de
tenis,raquetas,....
Traballos feitos en colaboración coas
familias de infantil:
Camisetas decoradas,balóns,.....para celebrar o 30º aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal.
O APALPADOR
Debuxos,cartas,contos
Campaña: "No Nadal,adopta un
libro"
Libros procedentes do expurgo da biblioteca e que o alumnado adopta.
Colleu o libro que lle gustaba e o levaron para casa.Foi unha exposición puntual
mentras duraron os libros pero tivo moi boa acollida xa que todos os libros
foron adoptados
Esta é a nosa Guía de Lecturas recomendadas para o
Nadal.
Nestas datas ofrecemos unha escolma de libros
que serán de lectura obrigatoria cando escomence o 2014.
Mirádea atentamente e podedes incluilas nas
vosas cartas ao Apalpador,a Papa Noel ou ós Reis Magos,de seguro que
compraceralles atender as peticións de libros!!!!!
Nestas vacacións de nadal desfrutade coa
lectura dun libro!!!!!
Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo!!!!!! BO NADAL E FELICES LECTURAS!!!!!
Na biblioteca temos preparada unha selección de lecturas
para estas datas,libros que falan do Apalpador,Papa Noel,os Reis
Magos,historias e contos de Nadal....
Achégate a biblioteca e desfruta desta
exposición!!!
O Nº 11 DE "OLLOS
DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A CGENDL
PARA AS FAMILIAS ABORDA ESTE MES A NOVA LEI DE EDUCACIÓN A LOMCE E O QUE VAI
SUPOÑER PARA O ENSINO DO GALEGO;O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN E RECOMENDACIÓNS
PARA LER,ESCOITAR E AGASALLAR.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é un personaxe que vivía nas altas montañas
das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e
vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver
se comeran ben durante todo o ano,decíndolles "Así,así esteas todo o
ano", achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
O Apalpador, de
profesióncarboeiro, mora nasdevesas dasmontañas do
Caurel e outras
serras orientaisda Galiza e
caracterízase fisicamente por ser un xigantebonachón que viste boina e traxe
esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os
porcos bravos que caza no monte.
Recuperar o Apalpador é unacto de
reivindicación dasnosas
tradiciónse dunconsumo
solidario e responsable.
O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s
lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda
a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos,
el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador
gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais
naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio
ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita
enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.
Máis información na páxina web do Apalpador
Pasade pola biblioteca e poderedes ler os libros que temos do Apalpador
O DOMINGO DÍA 1 DE DECEMBRO ÁS
18:00 HORAS NO PAVILLÓN CENTRAL DE "AS TRAVESAS" TERÁ LUGAR A
PRESENTACIÓN OFICIAL "30 ANOS DE HISTORIA" DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA
"SEIS DO NADAL"-COIA
Este anocelebramos unhaFeira do Outonocunha gran
variedade de productos e actividades feitas polo alumnado.
Cada curso tivo o seu
posto para "vender"os seus productos (traballos).
O alumnado de
Educación Especial elaborou unha cesta espectacular,con uvas,cogumelos,cabazas,follas, landras, etc.. en papel de cores.
Os máis pequenos de
Infantil, aportaron castañas, ourizos, landras, avelás, piñas, mazorcas de
millo,noces,....Elaboraron debuxos coas mans simulando árbores marróns,figuras
con follas,bonecas con cabezas de castañas.Ademais elaboraron galletas que
parecen follas coas cores do outono e marmelada de mazá en dous obradoiros de
cociña.Estaba boísima!!!
Os de Primeiro, co
título Outonadas,puxeron un posto interactivo, no que se podía xogar ao tres en
raia con noces, avelás e castañas ou facer composicións con follas de gingko.Tamén
fixeron poemas sobre o outono con grande imaxinación.As follas de gingko
servíronlles para facer de corpo a bonecas que bailaban a ópera do lago dos
cisnes e quebranoces.Os debuxos das árbores e deles xogando cos xogos populares
eran dunha grande creatividade.
O alumnado de Segundo
decantouse por facer imáns de mazás,cabazas e cogumelos.Tamén fixeron cabazas
de todos os tamaños con tiras de cartolinas laranxas.
A contribución dos de Terceiro
consistiu en facer composicións plásticas ao que lle chamaron Cores de
outono,con distintos materiais.Escribiron contos e poemas.
O obradoiro de froitas
e receitas de cociña foi responsabilidade dos de Cuarto.Os animais ou obxectos
feitos coas froitas : plátano-can, pitiño-limón, raposo-pera, bicicletas-laranxas,..e
tamén trouxeron froitas, polas e follas para o seu recoñecemento e
vocabulario.Pintaron bodegóns con distintas técnicas plásticas.
A arte impresionista
foi empregada polo alumnado de Quinto,estando moi logrados os seus cadros coas
diversas tonalidades outonais.Investigaron os distintos tipos de follas facendo
cadernos,escribiron e decoraron poemas outonaise tamén estudaron o castiñeiro.Aprenderon un montón!!!
Os de Sexto
centráronse na vendima,e ata trouxeron cepas, máquina
sulfatadora, canistrelos, capazos e sacos de uvas.
A través do Servizo de Normalización Lingüísticado Concello de Vigoe de FAIA(Educación ambiental),o alumnado de
6º participou nun obradoiro "Elaboración de aceites esenciais a partir de
plantas aromáticas".
Falamos de prantas aromáticas, os seus
arrecendos, usos tradicionais, variantes, tradición oral,...e o proceso de
destilación que da como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial
de planta.