“Bruxas e meigas” foron as protagonistas da xuntanza do Club de Lectura “Ás seis no Seis”.
Libros de bruxería, pócemas, velas, un boneco bebé na súa cuna, a mesa camilla, as rosquillas e as revistas de corazón da estancia da bruxa Victoria... foron os distintos elementos cos que quixemos ambientar a biblioteca para o aquelarre literario coa escritora Ledicia Costas e conversar sobre o seu libro “Pel de cordeiro”.
Caracterizadas para ocasión, de negro e
en semicírculo acompañanos a Catarina e a Lola no seu percorrido pola escuridade e a
fantasía.
Ledicia contounos que
a novela está moi unida a súa infancia, xa que vivía preto da consulta dunha
bruxa e vía en que estado chegaban as persoas e como despois saían tranquilos. Tamén nos explicou a súa fascinación polo mundo da maxia e do alén.
Para documentarse a
autora tivo que visitar a diferentes meigas e, moitas desas escenas, están
recollidas na historia.
Coma sempre,
rematamos coa sinatura dos libros e degustando doces caseiros.
Moitas grazas
Ledicia por compartir con nós esta tarde máxica!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario