Xa están aquí os Retos da Biblioteca. Actividade de procura documental que nos permite traballar o proxecto anual e tamén os Obxectivos ODS da Axenda 2030.
Este primeiro reto ten que ver co Consumo Responsable.
Os recursos cos que conta o planeta son escasos e por
iso é importante facer un uso responsable dos mesmos para garantir ás novas
xeracións un mundo mellor e máis xusto.
O consumo responsable baséase en dúas máximas: consumir
menos e o que consumamos sexa o máis sostible e solidario posible.
Propoñemos facer un anuncio sobre algún produto que
sexa respetuoso co consumo responsable.
Podes facelo no formato audiovisual que queiras:
unha cuña de radio (só voz), un cartel publicitario, un anuncio para
televisión…
Os traballos que fagades podedes entregalos na
biblioteca ou envialos ao noso correo:
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Agardamos as vosas respostas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario