O mércores 11 de maio recibimos a visita de ÁNGELES ESCRIBANO, mestra xubilada, na súa faceta de contacontos, que realizou unha actividade de animación á lectura para 1º e 3º de Primaria.
Acompañada
de Lupo e Igor, as súas mascotas, chegou cargada coa súa biblioleta. De aí
saíron fermosos contos como “Palabras de
corazón” e “O león e a máscara” cos que
reflexionamos sobre o respecto e a importancia de ser cada un como é.
O alumnado de terceiro interpretou unha pequena representación a partir do conto “Siete ratones ciegos”.
Rematamos
vendo e escoitando fermosos poemas, “Soleando” de An Alfaya, e “La Alfombra Mágica”
de Juan Carlos Martín Ramos.
Moitas grazas Ángeles!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario