Hoxe, 25 de Novembro, Día
Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller, amosamos
o noso rexeitamento ante a permanente violencia que se exerce sobre as mulleres
e nenas en todo o mundo e tamén reivindicamos a necesidade de educar en
igualdade e no respecto aos demais.
Exposición “Camiños de Igualdade” para ler, aprender e reflexionar sobre
o tema que estiveron a disposición do profesorado para traballar nas aulas.
Pintamos as flechas co lema ”Camiñando
coa muller no Seis”.
Cos nosos petos violetas saímos ao patio formando un camiño e cantamos a canción “Son muller” de MBCP (Máis Boas cas Patacas) co retrouso en lingua de signos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario