Dende 1997 celébrase
o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á
que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura
e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021.
"A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."
As bibliotecas escolares galegas son “xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir”.
A biblioteca escolar, esa
biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira
biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con
eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas
cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso
carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e na oralidade.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario