As clases de cuarto, ao longo do curso, realizaron varios obradoiros de Biblioteca Creativa: robótica, deseño e impresión 3D, escornabots,…
Durante o primeiro trimestre, centrámonos na montaxe e desmontaxe dos Mbot, así como na aprendizaxe de programación coas tabletas con app, como Lighbot e Scracht.
No segundo trimestre, na biblioteca, organizamos tres
zonas, nos que cada semana o alumnado rotaba. En cada zona, tiñan dous retos a
lograr coas temáticas de Bolígrafo 3D, escornabots e Mbot.
Para rematar, no terceiro trimestre, deseñaron nas
tabletas, as súas creacións co programa Tinkercad. Despois de pasar as
creacións polo programa Ultimaker Cura, imprimímolas na impresora 3D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario