O
13 de Novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías, promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e
Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluido
no Calendario do Libro e da Lectura e conta co
apoio da Federación de Librarías de Galicia.
Desde Cegal sinalan que ”…queremos mostrar que somos espazos
próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear
comunidades en torno ao libro e a lectura”.
Este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario