Desde 1997, cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura e todas as Administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da
Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria,
impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que
xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao
entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase
de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias
tan complexas como as que estamos a vivir.
As
bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha
ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e
apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario