No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da
UNESCO do Día Mundial da
Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da
Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os
obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación
acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a
crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes
e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano
celébrase co lema: "Pluralismo,
representación e diversidade" xa que a radio é un medio
de comunicación único para celebrar a diversidade humana e constitúe unha
plataforma para o discurso democrático.
Un lema en sintonía co das bibliotecas
escolares para este curso "Biblioteca escolar, viveiro de
cidadanía" e do valor inclusivo do programa Radio na Biblio.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario