O mércores 23 de outubro contamos coa presenza de Berto Pirata escritor de “Déixate de contos”, acompañado polos seus fillos xemelgos Nóah e Gerôme, alumnos do
noso colexio e protagonistas do seu libro.
Tamén o acompañaba María Salinas
quen introduciu a súa presentación cun vídeo moi chulo que todos poidemos
cantar. Participamos contando varios contos do seu libro e asinounos un
exemplar de agasallo para a nosa biblioteca. E sempre co mellor consello que podemos ter: Que ninguen nos diga que non podemos, que sexamos o que queiramos ser e nunca deixemos de soñar. Grazas!!!
Os
días 24 e 25 de outubro, todos os grupos pasaron pola biblioteca e alí agardáballes unha sorpresa. Descubriron que colgadas do teito había bolas de corcho blanco co nome de cada aula e unha mensaxe que convidaba a decorar o noso planeta. Todos eles formarán parte da exposición final do proxecto.
Ademais poideron:
Ademais poideron:
-Recoller
a súa Mochila Viaxeira, que este curso son novas, para iniciar o seu percorrido polas casas do alumnado.
Van acompañadas dun caderno viaxeiro para que as familias fagan as súas aportacións e suxerencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario