O
luns 29 de Abril, o club de lectura de 6º, recibimos a visita da escritora
Ledicia Costas para falar do seu libro ”Escarlatina, a cociñeira defunta”.
Nunha
sesión moi amena e distendida, Ledicia, respondeu a todas as preguntas que
tiñamos preparadas e contounos distintas anécdotas, segredos,… que lle serven para crear os seus personaxes
e as súas historias.
Rematamos
degustando unha das receitas que fixo un compañeiro e deixando a súa pegada no
libro de lembranzas .
Pasámolo
xenial. Grazas Ledicia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario