Nesta
semana (do 11 ao 15 de febreiro) imos celebrar na Biblioteca “O Amor á Lectura”.
Preparamos unha selección de libros que van namorarte e que non podes deixar de
ler. Déixate sorprender!!!
Atreveríaste
a ler un libro sin ver cal é?
Queremos
convidarvos a participar nunha cita a
cegas. Pero non é unha cita calquera, é unha cita moi especial….unha Cita a
Cegas cun Libro.
Nun
recanto da biblioteca poderás atopar libros sorpresa, anónimos, envoltos en
papel con corazóns de distintas cores, que indican a idade á que están
dirixidos e que non poderás descubrir ata que chegues a casa. Non poderás ver o
título, nin as ilustracións nin quen é o autor/autora.
É
unha iniciativa para namorarte da lectura. Só tes que pasar pola biblioteca e
reservar o libro que queres no recreo. O venres, 15 de febreiro, ven recolleo e
levalo para casa. Ponte cómodo no teu recanto favorito de ler. Abre o papel e…..Sorpresa!!!
Será amor a primeira vista?
Esta iniciativa Cita a Cegas cun libro, está
inspirada no proxecto Blind Date with a book que se realizou por primeira vez nunha
biblioteca pública de Los Ángeles (EEUU) e onde foi un verdadeiro éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario