A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
(AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 24 de febreiro, fixado no
Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta
entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e
unha flor.
O 24 de febreiro terá lugar o acto central do Día de
Rosalía.
Alén deste acto central, a AELG, en colaboración coa súa
base asociativa, organiza lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional
manifesto da AELG, que este ano elaborou a escritora María Reimóndez.
Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro
entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos
centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas
a partir do manifesto da AELG.
#AbrideAFiestra
Para Educación Infantil e Primaria propón que despois de facer un repaso da figura literaria da autora e dalgunhas lecturas
que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, o
venres 23 de febreiro, cada alumno/a elabore nun soporte que poida
ser pendurado nunha fiestra ( tea, cartolina ou similar), algún elemento
iconográfico de Rosalía de Castro e/ou trascriba os seus versos soltos ou
poemas para darlles luz e tentar facelos visibles.
Fonte: AELG
No hay comentarios:
Publicar un comentario