O
luns 3 de Abril visitounos a escritora e
contacontos Charo Pita para falar co alumnado de segundo sobre o seu libro "Oxalá estiveses aquí".
O
libro conta as aventuras dunha lebre, que
tras descubrir unha mensaxe nunha botella decide emprender unha viaxe para
atopar a quen a escribiu.
Na
sesión respondeu a todas as preguntas e ademais contounos unha adaptación da
fábula da lebre e a tartaruga.
Gozamos
coa súa presenza e bo facer, tamén dunha fermosa cantiga de orixe africana.
Para
rematar asinou nos exemplares do alumnado e agasallamos cun pequeno presente feito coas nosas mans e as preguntas e
ilustracións que tiñamos preparadas .
Grazas
pola visita!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario