A
Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web
Primavera das Letras, unha iniciativa
coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de
recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas
de cada ano. Co propósito de que todos os potenciais usuarios e usuarias poidan
coñecer esta ferramenta.
Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o
seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano.
Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor
desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito,
desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e
contidos interactivos.
A
web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido
biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes
meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.
Fonte:RAG
No hay comentarios:
Publicar un comentario