Dende 1997, e cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta
xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración
co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á
labor dos bibliotecarios/as.
Cada ano encárgaselle a un escritor/a e ilustrador/a a redacción do pregón e o
diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano as autoras
seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de
Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.
(Preme na imaxe para acceder ao pregón)
"Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca......."
No hay comentarios:
Publicar un comentario