1 may 2016

RESUMO ACTIVIDADES DE ABRIL

Foron moitas e diversas as actividades que desenvolvemos ao longo do mes de abril. Algunha delas xa poidestes velas nas distintas entradas publicadas (encontro con escritores , mercadiño solidario,obradoiro de kamishibai, apadriñamentos lectores,...) pero quedaban pendentes  algunhas máis.
Este é un resumo delas:
ENCADERNACIÓN ARTESANAL
Miguel, pai dunha alumna do centro, explicou aos nenos e nenas de 3º e 4º o proceso de encadernación artesanal.
Escomenzou contándonos brevemente a historia da arte de encadernar,... para continuar presentándonos a maquinaria que se emprega, os materiais e os diversos pasos no proceso de encadernación.
Foi unha charla moi interesante!!! 
OVIRAVAI
Poidemos desfrutar dun espectáculo musical co grupo Oviravai que presentou o seu libro-cd "As andanzas de Paio". Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventura.
Que ben o pasamos coas súa música e cancións!!!!
CHARLA KAMISHIBAI
Amalia Pérez Otero e Eugenia Fernández impartiron unha charla ao profesorado  sobre o Kamishibai e as emocións. Explicaron que é o kamishibai e as posibilidades como recurso para traballar a expresión e narración oral e remataron contando un conto: "O sol , a lúa e o mar".
EXPOSICIÓNS
Montamos diversas exposición na biblioteca e no vestíbulo do centro na que os libros foron os protagonistas:
                                 Lendo aquí e acolá
Coas fotos que o alumnado fixo coas súas lecturas nun lugar en vacacións.
Libros pop-up, libros que falan de libros , traballados sobre as lecturas obrigatorias, Cervantes e Don Quijote, ...
O CLUB DE LECTURA RECOMENDA
O club de lectura reuniuse para recomendar as súas lecturas favoritas aos seus compañeiros e compañeiras.
CONTOS EN KAMISHIBAI
O alumnado de 6ºC que participou no obradoiro de kamishibai, creou os seus contos que contaron ao alumnado de educación infantil na hora de ler.
Presentación en fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario