Foron
moitas e diversas as actividades que desenvolvemos ao longo do mes de abril. Algunha delas xa poidestes velas nas distintas
entradas publicadas (encontro con escritores , mercadiño solidario,obradoiro
de kamishibai, apadriñamentos lectores,...) pero quedaban pendentes algunhas máis.
Este
é un resumo delas:
ENCADERNACIÓN
ARTESANAL
Miguel,
pai dunha alumna do centro, explicou aos nenos e nenas de 3º e 4º o proceso de
encadernación artesanal.
Escomenzou
contándonos brevemente a historia da arte de encadernar,... para continuar
presentándonos a maquinaria que se emprega, os materiais e os diversos pasos no
proceso de encadernación.
Foi
unha charla moi interesante!!!
OVIRAVAI
Poidemos
desfrutar dun espectáculo musical co grupo Oviravai que presentou o seu
libro-cd "As andanzas de Paio". Paio, un teixugo viaxeiro que
percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventura.
Que
ben o pasamos coas súa música e cancións!!!!
CHARLA
KAMISHIBAI
Amalia
Pérez Otero e Eugenia Fernández impartiron unha charla ao profesorado sobre o Kamishibai e as emocións. Explicaron
que é o kamishibai e as posibilidades como recurso para traballar a expresión e
narración oral e remataron contando un conto: "O sol , a lúa e o mar".
EXPOSICIÓNS
Montamos
diversas exposición na biblioteca e no vestíbulo do centro na que os libros
foron os protagonistas:
Lendo aquí e acolá
Coas
fotos que o alumnado fixo coas súas lecturas nun lugar en vacacións.
Libros
pop-up, libros que falan de libros , traballados sobre as lecturas
obrigatorias, Cervantes e Don Quijote, ...
O CLUB DE LECTURA RECOMENDA
O club de lectura reuniuse para recomendar as súas lecturas favoritas aos seus compañeiros e compañeiras.
CONTOS EN KAMISHIBAI
O alumnado de 6ºC que participou no obradoiro de kamishibai, creou os seus contos que contaron ao alumnado de educación infantil na hora de ler.
Presentación en fotos