Xa chegou o Samaín, tempo de
tradicións, lendas, contos, ... de bruxas, cabazas,.....que nos fan tremer de
medo!!!!
Este é programa de actividades para
esta semana:
Exposición de
cabazas
Un curso máis solicitamos a
colaboración das familias para montar unha exposición coas cabazas que fan cos seus fillos e fillas.
Esta é a nota que se lles enviou o venres
na que se incluía unha breve historia do samaín e unha guía de lecturas terroríficas.
Unha pequena mostra das cabazas que trouxeron hoxe.
Lecturas
de medo
Fixemos
unha selección de lecturas de medo: Bruxas, vampiros,
momias, cabazas, monstros...que se atopan en
exposición no lugar habitual na biblioteca ambientada e decorada para estas
datas e presidida por un esquelete que invita a entrar.
Pasarémolo
de medo.....lendo!!!!!
Contacontos de
medo
Nos recreos o alumnado de 4º e 6º
contarán historias que nos farán tremer de medo.
III Concurso
de Relatos Terroríficos
No hay comentarios:
Publicar un comentario