Como remate do mes de abril,mes dos libros e da lectura, contamos
por segunda vez neste curso,coa presenza da escritora Fina Casalderrey,para falar do seu libro “O misterio do faro vello” que o
alumnado de 4º estivera traballando na aula.
Nada máis entrar na Sala Rosalía,entregámoslle o logo da nosa
biblioteca.
Falounos da súa experiencia,contando anécdotas da súa vida,da
súa familia,como e cando escomenzou a escribir,…..e da importancia das
palabras e da lectura.
Houbo tamén turno para facerlle preguntas diversas e explicarnos como
xurdiu a historia para escribir este libro.
Foi unha sesión moi amena
na que nos emociónamos.
Todos querían que lles asinara non só os libros senón tamén os
traballos que fixeran.
Como remate,e para agradecerlle
a súa presenza entregámoslle un agasallo.
Grazas Fina!!! Agardámoste aquí na “túa casa”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario