1 abr 2015

2 DE ABRIL,DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de Abril , coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY , xunto coa Oepli e as entidades colaboradoras (en Galicia, Galix) promoven a celebración do "Día Internacional do Libro Infantil".
 
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autor@s de diferentes países. Nesta ocasión lévanos aos países árabes,á palabra e imaxe creadas por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil. O texto "Moitas culturas, unha historia"   é da escritora Marwa Obaid , e o cartel  é da ilustradora Nasim Abaeian.
Texto "Moitas culturas,unha historia"
“Falamos diferentes linguas e vimos de
diferentes orixes, mais compartimos as
mesmas historias”
Historias internacionais… historias
tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e
amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces......"

No hay comentarios:

Publicar un comentario