No
último Mércores de conto do mes de Nadal, as dúas Saras ,alumnas de 6º e colaboradoras da biblioteca , leron "Un
canguro polo Nadal".
Álbum ilustrado de James Flora, colección Vintage da Editorial Lata de Sal.
Un día antes do Nadal chegou un camión. Deixou unha
caixa na varanda. Na caixa había unha tarxeta. Dicía así: Bo Nadal para Catarina de parte do tío
Dingo". Catarina recibe un agasallo inesperado. O seu excéntrico tío
Dingo envíalle unha caixa que se move... Será un gato? Grande de máis. O
agasallo de Catarina é unha canguro á que inmediatamente chama Adelaida. E Adelaida
vai revolucionar a cidade.
Fixéronnos
pasar un rato divertido.Grazas!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario