Samaín, palabra
gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín,
especialmente a noite do 31 de outubro ao 1
de novembro, era o período máis importante do ano.
Eran datas claves para
reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse
nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus
moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as
perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou
encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
Coma sempre,faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras
que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns 27.Mentras as
fan pódenlle contar contos sobre o tema e botarlle imaxinación e inventar outros.
De aquí, dos ritos e crenzas célticas
ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos
melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
¡Hai doces moi ricos que
se fan coa polpa cocida da cabaza, ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a
probalos se alguén os trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
Recollerán as cabazas o xoves día 30 para levalas á súa casa e disfrutalas alí.
Samaín
2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario