27 abr 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

E por fin chegou o día!!! Grandes e pequenos  agardabamos con ilusión o Día do libro.
Despois do recreo,as madriñas e os padriños foron recoller aos afillados e afilladas as súas aulas e todos fomos saíndo ao patio de terra.
Cando foi a hora de empezar a ler, comenzou unha música moi suave que nos acompañou nas nosas lecturas,escoitando atentamente as historias preparadas nas que a imaxinación e as verbas fixeron a ledicia de todos e todas os que participamos nesta festa da lectura.
Rematamos o acto coa entrega dos premios aos máis lectores e lectoras.
Logo regresamos ás clases e os afillados e afilladas agasallaron aos seus padriños/madriñas cun marcapáxinas.
Un curso máis repetimos a experiencia  de Libros ao patio e Apadriñamentos Lectores, unha actividade moi fermosa  na que a maxia da lectura inunda todos os espazos e a todas as persoas que facemos posible que este sexa un día moi especial.
 
Estas son as imaxes do día

No hay comentarios:

Publicar un comentario