Hoxe tivemos a visita de Olalla González e Marc Taeger da editorial
kalandraka nunha sesión de contos ilustrados, achegándonos á arte a través dos
contos.
Foi unha sesión moi especial para os nenos e nenas
de educación infantil de tres e catro anos.
Olalla chegou coa súa maleta cargada de fermosos contos como: Os petos de Loreto,Cada
vez máis alto,Garavanciño,Boas noites Bufo e rematou cun precioso conto que cantou
Mamá.
Todos,nenos,nenas e profes escoitamos moi atentos as máxicas palabras e os contos que Olalla contaba mentras
Marc os ilustraba cuns debuxos e cores que nos deixaron impresionados e
abraiados,pero aínda nos agardaban máis sorpresas, xa que estas ilustracións quedarán no cole. Que
maravilla!!!
O remate da sesión fixémoslle entrega dun pequeno
agasallo para que non se esquezan de nós e que volten pronto ao cole e seguir
contándonos contos.Antes de despedirse asinaron no libro de
visitas.
Grazas Olalla e Marc!!!!!
Nestas fotos podedes ver o que disfrutamos!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario