27 ene 2014

30 DE XANEIRO,DÍA DA ILUSTRACIÓN

Unha das novidades no Calendario do Libro e da Lectura 2014 é a celebración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro ,coincidindo co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao,cunha ampla programación de actividades nas bibliotecas nodais das catro provincias.

Obradoiros, actividades para estimular a creatividade e a imaxinación, mostras bibliográficas e espazos para a reflexión e a conversa centran as propostas para conmemorar esta data.
 
O obxectivo é destacar a importancia da ilustración
e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración.
Miguelanxo Prado, gañador do Premio Nacional de Cómic 2013,é o autor do cartel que conmemora o Día da Ilustración 2014.
Preme na imaxe para acceder á Programación
http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/01/24/dossier_programacion_dia_da_ilustracion_2014.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario