4 jun 2024

BIBLIO PIC-NIC

Coa chegada do bo tempo, a Biblioteca propón un espazo PIC-NIC no patio.

As nenas e os nenos atoparon unha cesta chea de: contos, cómics... para desfrutar de momentos de lecer coa lectura: sentadas e sentados, deitadas e deitados, compartindo, dramatizando...

Habilitamos catro cestas (Edº Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo). O voluntariado da biblioteca prepara o espazo: alfombras, manteis, sinalización e cestas.

Está sendo un éxito, será unha experiencia que repetiremos en vindeiros cursos!!!

3 jun 2024

OS CLUBS DE LECTURA VISITAN LIBRARÍAS

O venres 31 de maio, os Clubs de Lectura de 5º e 6º realizaron unha saída para coñecer a organización e funcionamento dunha libraría.

Para elo, achegámonos a libraría Nobel, onde Maribel e Eva, atendéronnos moi amablemente explicándonos todo o traballo que fan e tamén nos ensinaron algunhas coleccións axeitadas a nosa idade e que gustan aos lectores e lectoras.

Por outra banda, como este curso o lema de bibliotecas escolares é sobre banda deseñada, quixemos coñecer unha librería especializada en cómic, Sousa cómic. Antonio, explicounos que tipo de materiais podemos atopar nesta libraría.

A rapazada estivo vendo e ollando aqueles libros que lles gustaría que estiveran na nosa colección facendo unha selección e que logo mercamos.

Agradecer a Maribel, Eva e Antonio pola súa atención e amabilidade!!!

Rematamos a xornada coa visita ao Museo Quiñones de León, onde fixemos un percorrido pola sala de arqueoloxía  e poidemos visualizar os restos de petroglifos e cultura castrexa que son a temática do libro “Maxia de pedra” de Xabier Domínguez que leron os nenos e nenas de 5º.

Rematamos merendando  e facendo a foto de grupo!!!

2 jun 2024

VISITA DE ALEXANDRE PLAZA POUTÁS

A cultura castrexa foi a protagonista deste mes na xuntanza do Club de Lectura “Ás seis no Seis”.

O luns 27 de maio, compartimos un encontro literario co escritor Alexandre Plaza Poutás e conversas sobre o seu primeiro libro “A viaxe do castrexo”.

A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. 

A redacción da historia pasou por varias fases xa que lle levou tres anos escribilo. Este feito percíbese na súa estructura e na evolución do protagonista ao longo da novela.

Alex contounos que empezou a escribilo con 22 anos, sendo un mozo que ía a ver os restos do Castro de Vigo.

Explicounos que elexiu esta temática porque a cultura castrexa está moi pouco novela pero, sobre todo, porque lle apaixona. Para a súa redacción documentouse lendo diferentes artigos e publicacións.

Quería transmitir aos lectores e lectoras as sensacións que experimentou mentras o escribía e, como el dicía, en moitos momentos non era el, senón os seus personaxes os que literalmente escribían.

Falamos dos temas que trata: relación amorosa entre Occe e Kara, o papel da muller no mundo castrexo, a relación paterno-filial...

Coma sempre, rematamos coa sinatura dos libros e degustando doces caseiros.

Agardamos que coas ideas e suxestións que xurdiron nesta xuntanza lle sirvan para escribir un segundo libro, continuación deste. Moitas grazas Alex por compartir con nós esta tarde!!!

1 jun 2024

BIBLIOLAB: XOGOS DE MESA

Na BiblioLab continuamos coñecendo os xogos de mesa neste espazo ou levándoos ás aulas.

Contribúen ao desenvolvemento de:

-Habilidades cognitivas: memoria, atención, imaxinación.

-Habilidades sociais: colaboración, respecto de normas, socialización.

-Habilidades emocionais: mellora de autoestima e confianza, tolerancia a frustración, control de impulsos.

Permiten traballar non  só estas habilidades tamén os aspectos curriculares dun xeito lúdico, ao mesmo tempo que contribúen a aumentar a motivación do alumnado.

31 may 2024

AGASALLO DA ANPA

Queremos agradecer, unha vez máis a nosa ANPA, por agasallarnos cun lote de xogos de mesa pensando nas nosas crianzas.

Os xogos de mesa axudan ao desenvolvemento de habilidades cognitivas, sociais e emocionais. Fomentan a memoria, atención, colaboración, socialización, respecto polo cumprimento de normas, a elaborar estratexias e resolución de problemas, mellora a autoestima e a confianza...

Pasarán a formar parte dos fondos da BiblioLab e así o noso alumnado os disfrutará!!! Grazas!!! 

Entre todos e todas imos facendo Comunidade!!!

30 may 2024

A BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA EN SCRATCH

Con fin de promover a vida de biografía de Luísa Villalta entre o alumnado e por en práctica todo o aprendido durante os talleres de robótica, o alumnado de 6º de primaria elaborou unhas narrativas dixitais con Scratch nas que presentan de forma breve algúns dos fitos da escritora homenaxeada nestas Letras Galegas. 


Pinchando sobre a seguinte ligazón podedes acceder a algúns dos exemplos creados:


A vida de Luísa Villalta


29 may 2024

RECREANDO PORTADAS DE LIBROS

Estas son as fotografias coas portadas dos libros que recreastes. Grazas a todas as persoas que vos animastes a participar neste terceiro e último reto da biblioteca por este curso!!!

25 may 2024

FAMILIAS LECTORAS

Queremos agradecer a todas aquelas familias que nos acompañastes durante estes meses compartindo con nós esas lecturas que tanto desfrutamos e coas que pasamos ratos moi agradables e cheos de complicidade.

Grazas por participar nesta fermosa experiencia.  

Agardámosvos para o vindeiro curso!!!

Estas son as últimas familias que viñeron contar contos no mes de maio, dentro da actividade “Familias lectoras”.

Loreto, nai de Teo, 1º de Primaria, contounos a historia dunha vella que tiña sete soños durante sete días e naceron “Sete dentes de león” que acenderon o mundo.

Faustino, pai de Denis, 1º de Primaria, contounos o conto de “El Ratón Pérez”. Que levará gardado na súa mochila o rato Pérez?

Cecilia, nai de Sarah, 1º de Primaria, contounos a historia de “Carabuñas”.

Lara, nai de Lúa, 5º de Edº Infantil, falounos de "O peixe".

Sonia, nai de Xoel, 4º de Edº Infantil, contounos a historia dun lobo ao que non lle gustaba a súa cor, "El lobo que quería cambiar de color".

24 may 2024

PROGRAMA DE RADIO "LETRAS GALEGAS"

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis. 

Nesta ocasión os protagonistas son as clases de 1ºB e 5º de Edº Infantil B que prepararon un programa sobre as Letras Galegas e presentaron o PDI dos diferentes cursos.

Agardamos que o desfrutedes!!!

23 may 2024

CONTOS NAS ORELLAS

O 22 de maio recibimos a Bea Campos e Manuel Pombal co espectáculo "Contos nas orellas" para celebrar o Día das Letras Galegas.

O alumnado de Edº Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria desfrutou coas historias e a música.

Crocodilo, chivons chivóns... foron algúns dos contos que nos contaron e cantaron!!!

Grazas a Anpa e ás familias por colaborar!!!