Xa está aquí un novo programa da nosa Radio Xornal Seis do Nadal.
Nesta ocasión os/as protagonistas son a clase de 6ºA, que nos falarán do 25
N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Desfrutade desta nova entrega!!!
Xa está aquí un novo programa da nosa Radio Xornal Seis do Nadal.
Nesta ocasión os/as protagonistas son a clase de 6ºA, que nos falarán do 25
N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Desfrutade desta nova entrega!!!
O 9 de novembro celébrase o Día dos inventores e inventoras e como ademais coincide co mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, nos talleres de robótica os alumnos e alumnas de 6º tiveron que mergullarse na pel dos enxeñeiros/as para deseñar unha mascota robótica que contribuíse á sociedade ou ao coidado do Planeta, favorecendo así o desenvolvemento dos Obxectivos da Axenda 2030.
Os futuros enxeñeiros e enxeñeiras deseñaron robots que limpan ecosistemas, dan de comer aos pobres, purifican auga, melloran a educación...
Xa están aquí os Retos da Biblioteca. Actividade de procura documental que nos permite traballar o proxecto anual e tamén os Obxectivos ODS da Axenda 2030.
Este primeiro reto ten que ver co Consumo Responsable.
Os recursos cos que conta o planeta son escasos e por
iso é importante facer un uso responsable dos mesmos para garantir ás novas
xeracións un mundo mellor e máis xusto.
O consumo responsable baséase en dúas máximas: consumir
menos e o que consumamos sexa o máis sostible e solidario posible.
Propoñemos facer un anuncio sobre algún produto que
sexa respetuoso co consumo responsable.
Podes facelo no formato audiovisual que queiras:
unha cuña de radio (só voz), un cartel publicitario, un anuncio para
televisión…
Os traballos que fagades podedes entregalos na
biblioteca ou envialos ao noso correo:
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Agardamos as vosas respostas!!!
O venres 17 de novembro celebramos o Magosto no Seis. Desfrutamos dunha maña de xogos populares e as familias aportaron as castañas que asamos e degustamos. E coma sempre, a música acompañou esta xornada festiva e divertida!!!
Continuamos cos programas da nosa Radio Xornal Seis do Nadal.
Nesta ocasión os/as protagonistas son a clase de 6ºB, que nos falarán da festa do Magosto.
Desfrutade desta nova entrega!!!
Voluntariado deste curso, alumnado de 6º de Primaria, que realizarán actividades de xestión e dinamización na biblioteca no tempo de lecer (recreos). Pezas importantes da nosa biblioteca.
Grazas polo voso traballo!!!
Broli está moi contento porque esta semana, se o tempo o permite, celebraremos unha festa moi nosa: O MAGOSTO e así poder desfrutar dunha xornada de xogos, música e de castañas asadas!!!
Compartimos algúns contos e lecturas para esta data!!! Premede nos títulos para acceder aos contidos.
Contos
A castaña que reventou de risa
Lecturas que podedes atopar na biblioteca
Hoxe é un día para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade.
Librarías con profesionais que entenden
a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que
consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas
nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e
familias, con múltiples actividades compartidas.
É necesario coñecer e preservar a cadea do libro.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
Estudios OSEISMEDIA presenta o seu novo vídeo realizado polo alumnado de 1°A. Traballaron coa técnica stop motion, que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos mediante a captura sucesiva de imaxes. Foto a foto os seus debuxos e as súas palabras cobraron vida para repasar as vogais.