6 mar 2023

AS FAMILIAS CONTAN

E continuamos coas contadas en Familia…

Hoxe recibimos a Ana Paula, nai de Eneko, de 4º de Educación Infantil, que nos contou “O gato que non quería ter pelo”. Acompañou a súa contada cunha marioneta e rematou, coa axuda do seu fillo, cantando unha canción sobre gatos!!!

Moitas grazas pola túa lectura e por compartir con nós o teu tempo!!!

“O gato que non quería ter pelo”, da Ed. Picantona, é unha divertida historia de como o enfurruñado e audaz gato Eusebio logrou desfacerse do seu pelame.

4 mar 2023

VISITA DE ROSA ANEIROS

O venres 3 de marzo recibimos a visita da escritora Rosa Aneiros. O alumnado de 4º de Primaria disfrutou desta sesión na que falaron de dinosauros e do mundo prehistórico, xa que durante este segundo trimestre leron, “Catro plumas de dinosauro” , da Ed. Xerais.

Rosa comentounos moitas cousas sobre esta historia, como se lle ocorreu, personaxes, o proceso de creación, as ilustracións,… e adiantounos que xa escribiu a segunda parte deste libro aínda que non está publicado.


Tamén viu os debuxos feitos polos nenos e nenas a medida que foi asinando os distintos exemplares.

E non podía marchar sen deixar a súa pegada no noso libro de visitas.

Grazas Rosa Aneiros!!!

3 mar 2023

O VIGO DO FUTURO

No marco do PDI O futuro que queremos o alumnado de 6º estivo pensando sobre o Vigo do futuro e as melloras que farían no seu entorno próximo para que sexa máis sostible. 

Tras unha choiva de ideas, a elixida foi a proposta de reconverter o Parque da Bouza nun ecoparque. Nas seguintes fotos podedes ver como é esa proposta e lendo os códigos QR poderedes acceder aos audios que as explican.

Unha vez rematado este proxecto aproveitamos a excursión do día 28 de febreiro ás instalacións do Concello de Vigo para entregarlle en persoa a D. Abel Caballero a proposta realizada.

2 mar 2023

LECTURA E FAMILIAS: XOGOS DE MESA

Este primeiro obradoiro do programa “Lectura e Familias” centrouse nos xogos de mesa e foi impartido polo Equipo de Biblioteca. 

Xogamos e disfrutamos todos xuntos, descubrindo que a través do xogo podemos aprender!!!

Entregamos un folleto no que explicamos as habilidades que traballan os xogos de mesa, unha pequena clasificación por idades e dous libros que recomendamos sobre esta temática.

Grazas ás Familias da nosa Comunidade Educativa que vos animastes a participar nesta iniciativa!!!

1 mar 2023

AS FAMILIAS CONTAN

Neste mes de marzo, iniciamos a actividade “As familias contan”, dentro do programa “Lectura e Familias”, na que convidamos ás familias a vir contar un conto ás clases do seus fillos/fillas na Hora de Ler.

Elina, nai de Lucas, 3º Primaria, foi a encargada de inaugurar esta tempada, contándonos “Sementes de papel”Grazas por compartir a lectura e o teu tempo con nós!!!

Escrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil, Sementes de papel”, de Baía Edicións, é una fábula que busca espertar a curiosidade  cara a un tema vital na educación e na situación do planeta, o respecto pola natureza. A historia alértanos de que cómpre tomar conciencia da importancia crucial que teñen os bosques. E, ao mesmo tempo, é esperanzadora, xa que os verdadeiros protagonistas do conto, as árbores e os animais, non desaparecen malia que a súa supervivencia corre un grave perigo.

Seremos nós quen de salvarmos os habitantes ancestrais da terra, as árbores?

28 feb 2023

REUNIÓN CLUB DE LECTURA ADULTOS

Na xuntanza que tivemos o luns 27 de febreiro, decidimos poñerlle nome ao noso Club de Lectura “Ás seis no Seis”, que agrupa a familias e profesorado.

Compartimos café, opinións e puntos de vista sobre a lectura de “O lado do que dormes” de María Canosa. O tempo, a conciliación familiar e laboral, o machismo,… son alguns dos temas dos que trata esta novela.

Cunha linguaxe sinxela e directa conta o día a día dunha muller, Laura de 37 anos, casada, con dous fillos, un traballo,... como di ela son “Unha corredora de fondo”, coa que empatizamos dende as primeiras páxinas e que deu pé a un longo debate sobre o papel das mulleres traballadoras na nosa sociedade. 

Mulleres diferentes, que loitan, que se unen como unha arañeira e que tecen redes para protexerse.

Agardando o día de poder compartir coa autora!!!

24 feb 2023

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

Un ano máis, o Ceip Plurilingüe Seis do Nadal, conmemora o Día de Rosalía, neste mes de febreiro, con distintas actividades para difundir a súa obra.

O programa de actividades que organizamos:

Exposición bibliográfica con libros da nosa ilustre poetisa.

Composición plástico-visual, decorando con versos e poemas o vestido de Rosalía.

Recital poético-musical, o xoves 23 e o venres 24, na Hora de Ler, a cargo do voluntariado da biblioteca que recitou unha selección de poemas rosalianos acompañados da zanfona e da arpa.

Seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), seleccionaron imaxes de conflictos e temas de actualidade cos que formaron unha colaxe coa pregunta, Que diría Rosalía?

Outras aulas prepararon retratos: Como sería Rosalía de Castro no futuro? 

22 feb 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.

Para a edición de 2023 Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.

O lema escollido para este 2023 é: 

                        #cumpriuseaxustiza

 

“Rosalía ensínanos a mirar e a escoitar. É unha guía, por momentos unha amiga ou unha camarada, que nos acompaña entre poemas, novelas e ensaios para superar a banalidade ética do noso tempo. As súas palabras dan existencia a un mundo de inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo."

 

“Que a man tembrosa no papel só escriba

palabras, e palabras e palabras!” 

 

"Dos moitos legados de Rosalía de Castro, destacamos un, o da filósofa que sabe libre o seu pensar e non cede ante as cadeas impostas. Rosalía ensinounos da liberdade do pensamento que se afunde na realidade para interrogala por un futuro mellor. Se só cantamos as pombas e as flores, as luces de cores dos nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma?."

 

FONTE:AELG

21 feb 2023

2ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA ADULTOS

O vindeiro luns 27 de febreiro, as 18,00h teremos a 2ª reunión do Club de Lectura de Familias e Profesorado.

Compartiremos opinións e puntos de  vista sobre “O lado do que dormes” de María Canosa.

Agardámosvos!!!

20 feb 2023

LECTURA E FAMILIAS: OBRADOIRO XOGOS

Este curso participamos no programa Lectura e Familias, que ten por obxectivo deseñar diversas iniciativas que favorezan a formación e a participación das familias en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.

Entre os meses de marzo a xuño desenvolveremos un programa de actividades, en horario de tarde, para facilitar que poidades compartir ese tempo de lecer cos vosos fillos e fillas.

Iredes coñecendo as distintas propostas que temos preparadas: obradoiros, charlas sobre formación,...

Comenzamos co Primeiro Obradoiro: “Xogamos en Familia”

O fío conductor serán diferentes xogos de mesa e será impartido polo profesorado do Equipo de Biblioteca.

Mércores 1 de marzo.

Haberá dúas sesións: 

  • Unha, ás 16:00h, para as familias de Edº Infantil, 1º e 2º de Primaria.
  • E outra, ás 17:00h, para as familias de 3º a 6º de Primaria.

As Familias interesadas terán que enviar un email ao correo da biblioteca, indicando: o voso nome e o curso do fillo/filla, a sesión a que ides vir e o número de asistentes.

Ter en conta que se son irmáns de distintas idades teredes que valorar a que sesión queredes asistir.

O noso correo é: bibliotecaseisdonadal@gmail.com

          Animádevos!!!