19 nov 2022

MES DA CIENCIA NA BIBLIOLAB

Co gallo do Mes da Ciencia desenvólvense na BiblioLab diversas actividades de ámbito científico:

INVESTIGACIÓN co microscopio

MONSTRUOSO: a ciencia que hai tras os teus monstros favoritos

Xogo de preguntas para aprender sobre as verdades científicas e a súa relación con algúns monstros populares.

VOCABULARIO científico co escornabot

Xogo de parellas de imaxes relacionadas coa ciencia e os seus nomes

EXPERIMENTO

“Vermes de papel”

A ciencia nunha FOLLA DE ÁRBORE

Información sobre as follas das árbores. Actividades para ordear o seu ciclo de vida e para facer composicións artísticas con elas

OS PORQUÉS DA CIENCIA

Xogo de preguntas con tres propostas de respostas que se comproban nun libro

Información e actividades para coñecer a ANGELES ALVARIÑO, científica galega de recoñecemento internacional

LIBROS informativos sobre ciencia e experimentos

18 nov 2022

MES DA CIENCIA: EXPOSICIÓN TEMÁTICA

Co lema ”O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica”, montamos a exposición de libros con esta temática para conmemorar o Mes da Ciencia.

17 nov 2022

MES DA CIENCIA: LABORATORIO VIRTUAL

Neste mes da Ciencia, fixemos unha práctica a través dun Laboratorio Virtual.Trátase dun laboratorio moi sinxelo no que os rapaces e rapazas puideron achegarse as partes dun microscopio e ademais tentaron identificar algúns organismos a través de imaxes vistas ao microscopio e con axuda do libro de texto como guía para a identificación. 

A continuación déixovos o enlace a este sinxelo recurso. Preme na imaxe.

11 nov 2022

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." 

José Tubío

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. 

Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe o grupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Nacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola “súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro”.

O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

FOLLETO INFORMATIVOMES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO

9 nov 2022

TEMPO DE MAGOSTO

Estamos en novembro, tempo de Magostos e de comer castañas. Tempo de compartir xuntos ao calor da lareira, cancións, contos, poemas e lendas, por iso, a continuación compartimos con vós algúns recursos relacionados con esta data. Premede nos títulos para acceder aos contidos.

PORTAL DAS PALABRAS

(vocabulario relacionado co Magosto)

Preme na imaxe


CONTOS

María a castañeira

A castaña que reventou de risa

A castaña Catarina


 POEMA

MÚSICA

O rap do Magosto

Tres castañas polo chan

Chegou Magosto

 Magosto 13 lúas


Algunhas Lecturas que temos na biblioteca 

6 nov 2022

RETOS ODS: NOVEMBRO

Novo mes, novo reto e  novo obxectivo!!!

Comenzamos polo Obxectivo ODS Nº 9 que ten que ver coa industria, a innovación e a infraestructura.

Como Novembro é o Mes da Ciencia, este obxectivo  fala de investigación, polo que teremos que buscar información sobre un "Invento" que, ao longo da historia, contribuira ou estea contribuindo actualmente á sustentabilidade.

O traballo que fagades (escrito, plástico, visual,…) podedes entregalo na biblioteca ou envialo ao noso correo:

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Agardamos as vosas respostas!!!

4 nov 2022

SCRATCH POLO SAMAÍN

Nestes días de Samaín dende Proxecta, o alumnado de 6º de Primaria, seguiu aprendendo a programar en Scratch mergullándose nesa temática. Para iso, escollemos como personaxe típico da época, un morcego e, como fondos, aqueles máis tenebrosos que atopamos no programa (a casa dunha meiga, un castelo encantado, un bosque tenebroso, a escura noite...).

Despois puxémonos a programar e, igual que o Doutor Frankenstein, conseguimos darlle vida ao noso morcego facendo que se movese de arriba a abaixo e de esquerda a dereita. Incluso nos deu tempo de por en práctica aprendizaxes de actividades anteriores e algúns dos morcegos chegaron a felicitarnos o Samaín.

2 nov 2022

ANXO MOURE NA BIBLIO DO SEIS

O venres 28 de outubro recibimos a visita do escritor e contador Anxo Moure que, unha vez máis, nos engaiolou cos seus contos. Viu no seu "paztinete", noutro momento "nubinete", e falounos da importancia e da necesidade de reutilizar e reciclar. Fixo varias sesións para todo o alumnado do centro.

Nesta ocasión, as súas historias estaban centradas en afrontar os monstros que acechan ao planeta, monstros das guerras, da contaminación, do acoso, do racismo,…

Moito gozou a rapazada que a través de ritmos, canción, xestos, bailes ao son da pandeireta e interactividade mergullouse nese tempo de lecer que lles proporciona, un ano máis, a reapertura da biblioteca, porque neste espazo están gardadas milleiros de historias que toman vida cada vez que collemos un libro pero que tamén, a súa vez, van sementando o futuro que está por vir.

Grazas Anxo polas túas verbas sempre na procura dun futuro mellor!!!

1 nov 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

Coa apertura da biblioteca na última semana de outubro demos inicio ás distintas actividades, entre elas, as Mochilas Viaxeiras que xa comenzaron a súa andaina polos vosos fogares.

Están pensadas para que as familias compartades momentos en torno aos libros e a lectura.

Seguindo o lema de Bibliotecas deste curso “Escribir a Biblioteca Escolar”, unha das propostas é inventar e escribir unha historia co álbum ilustrado que vai dentro de cada mochila. O producto final recollerase no Caderno Viaxeiro así como as vosas opinións, suxerencias, debuxos,… sobre os documentos emprestados.

Agardamos que as disfrutedes!!!

28 oct 2022

LECTURAS E CONTADAS NO SAMAÍN

Ao longo desta semana organizamos varias actividades de Samaín:

Exposición de lecturas de medo

 pantasmas, bruxas, cabazas, monstros,...

Hora de Ler ás escuras

Trouxemos a nosa lanterna e, coas persianas baixadas, e ás escuras, alumeamos as nosas lecturas. Desfrutamos de moitos contos e de historias creadas por nós. Pasámolo de medoooo!!!!

Voluntariado

Contaron dous contos nos recreos do 26 e 27 de outubro. “A bruxa regañadentes” en kamishibai e “Corre, corre, cabaciña”. Fixérono xenial!!! Grazas polo voso traballo!!!

Guía de Lecturas Samaín 2022

Lecturas no Samaín de Biblioteca Seis do Nadal